RGPD - Cookies
Galicia

Os bancos que non declaren as vivendas baleiras que posúan serán multadas con 3.000 € por cada unha delas

Presidente FeijóoO presidente do Goberno galego, deu conta hoxe do visto e prace por parte do Consello ao texto do Decreto que crea e regula o ‘Censo de Vivendas Baleiras’. Trátase dun Decreto que obrigará a inscribir no Censo todas as vivendas baleiras que se atopen en concellos de máis de 10.000 habitantes e sexan propiedade de entidades de crédito ou similares. E permitirá inscribir de forma voluntaria as vivendas que estean en concellos de menos de 10.000 habitantes e as do resto de propietarios de vivendas baleiras.

Nese senso, o presidente Feijóo explicou que coa creación deste Censo, o Goberno poderá dispoñer de información adecuada sobre o parque de vivendas baleiras de Galicia para “realizar unha mellor planificación social da política de vivenda”. Tamén indicou que o incumprimento da obriga de inscrición suporá unha sanción de ata 3.000 € por inmoble.

O obxectivo deste regulamento é dobre, xa que por unha banda, “pretende facilitar a incorporación ao mercado dos inmobles baleiros das entidades financeiras, e por outra, trata de promover a súa participación nas políticas sociais de vivenda”.

Ademais, o presidente lembrou que esta actuación está integrada no decálogo de medidas que se puxeron en marcha, en materia de vivenda, para garantir o acceso de todos os cidadáns a un teito, axudar aos que máis o precisan e acabar cos desafiuzamentos. Entre as que se atopan: o programa de realoxo, o programa Reconduce, o plan RehaVita ou o Bono aluguer social.

Por último, o Decreto tamén establece diversas medidas para fomentar o uso das vivendas baleiras, como a inclusión das vivendas nos programas de fomento de aluguer, a posibilidade de concertar arrendamentos ou mesmo compras, a oferta desde aa Administración galega para a vivenda ou a posibilidade de lograr acordos cos propietarios para que as vivendas atendan as persoas afectadas por desafiuzamentos.

También te puede interesar