Vigo al minuto

O parking do Cunqueiro xa se pode pagar con tarxeta de crédito

Parking CunqueiroO pago no aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro pódese realizar xa con tarxeta bancaria dende esta semana. Ata agora os usuarios só podían realizar o abono das estancias en efectivo. A conexión dos caixeiros automáticos á rede de fibra óptica que abastece ao hospital permite xa o esta nova modalidade de pago.

Esta medida, segundo o Servizo Galego de Saúde (Sergas), “complementa á rebaixa de tarifas experimentada desde o día 1 de decembro pasado”. O Sergas lembra que a primeira media hora de estacionamento é gratuíta e a segunda media hora custa 90 céntimos. As horas sucesivas custan 1€, ata un máximo de 8 € as 24 horas. “Estos prezo son equiparables no estacionamento da zoa de Urxencias”, cun máximo de 10 € as 24 horas.

O uso da tarxeta implantouse tamén nos últimos días a outros servizos como as cafeterías que funcionan no hospital, así como ás máquinas expendedoras dos bonos para pacientes ingresados e familiares ou visitas poidan ver a televisión nas habitacións do Álvaro Cunqueiro.

También te puede interesar