Ciencia y Tecnología

A Deputación organiza este mes en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño, 20 obradoiros sobre novas tecnoloxías

CPAEA Deputación de Pontevedra, a través do CPAE 2.0, rede de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías, presta un servizo de información a autónomos e pemes da provincia de Pontevedra e oferta unha serie de actuacións para potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación dos procesos produtivos e servizos, facilitar a implantación do comercio electrónico e crear un novo canle de venda online de produtos e servizos.

Para acadar os seus obxectivos, o CPAE 2.0 oferta ós seus destinatarios, é dicir, a un colectivo integrado por 64.000 autónomos e pemes da provincia de Pontevedra que constitúe o 92% do tecido empresarial da mesma, unha serie de eventos informativos nos seus seis centros en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.

En concreto, a Deputación organiza vinte obradoiros sobre novas tecnoloxías para este mes de xaneiro. Así, se impartirá un curso titulado “Elixe a túa plataforma de comercio electrónico” (en O Porriño o 8 de xaneiro, Cambados o 9, Ponteareas o 13, Lalín o 18,Vigo o 22 e Pontevedra o 27 de xaneiro), “Desenvolve a túa propia estratexia de e-mail marketing” (en Cambados o 12 de xaneiro), “Aplicacións da tecnoloxía dron para o sector vitivinícola e forestal” (en Cambados o 13 de xaneiro e Lalín o 28), “Vende os teus produtos de alimentación sen intermediarios” (en Cambados o 19 de xaneiro, Lalín o 26 e Ponteareas o 25 de xaneiro), “Imos chamar á porta dos teus clientes, posicionamento SEO” (en Cambados o 21 de xaneiro), “Edición de fotografía para plataformas e-commerce (Amazon, Ebay e Etsy) (en O Porriño o 11 de xaneiro, Lalín o 13, Vigo o 19, Pontevedra o 21, Cambados o 25 e Ponteareas o 29 de xaneiro), “Google Analytics: Interpretación dos datos e toma de decisións” (en Cambados o 27 de xaneiro), “Comercio electrónico para PEMES (prestashop)” (en Lalín o 7 de xaneiro), “As últimas aplicacións para o sector agrario e gandeiro” (en Lalín o 11 de xaneiro), “Facebook Ads” (en Ponteareas o 7 de xaneiro, Lalín o 23 e Vigo o 25 de xaneiro), “Cómo mellorar a percepción dos teus clientes cós teus emails” (en O Porriño o 16 de xaneiro), “Google Analytics: Iniciación á analitica web” (en Vigo o 8 de xaneiro, Ponteareas o 18 e O Porriño o 19 de xaneiro), “Seguridade da información: protexe o teu smartphone” (en Pontevedra o 15 de xaneiro, O Porriño o 21 e en Vigo o 27 de xaneiro), “Unifica a xestión das túas redes con hootsuite e outras ferramentas” (en O Porriño o 26 de xaneiro), “Cómo facer unha exitosa campaña de publicidade en Google, Google adwords” (en O Porriño o 29 de xaneiro), “A túa páxina web en menos de 90 minutos” (en Vigo o 13 de xaneiro e Ponteareas o 14), “A túa información sempre a man, almacenamento na nube” (Ponteareas o 23 de xaneiro e Pontevedra o 26), “Rentabiliza o teu perfil profesional aumentando seguidores” (9 de xaneiro en Pontevedra e 16 en Vigo), “Como empregar Google e Google Apps for Business” (12 de xaneiro en Pontevedra) e “Bótalle partido á túa conta de Gmail” (22 de xaneiro en Pontevedra).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.