Vigo al minuto

O alcalde de As Neves amosa ao de Vigo o seu desexo de entrar na Área Metropolitana

Alcaldes 2
O alcalde de As Neves, Xosé MAnuel Rodríguez Méndez, este luns, con Abel Caballero, no seu despacho da Alcaldía, en Vigo

O alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, mantivo este luns unha xuntanza con Abel Caballero, en Vigo, para trasladarlle o seu interese de que o concello nevense estea no “diseño da Área Metropolitana dende a súa orixe” algo que, indicou, tanto el, como o alcalde de Vigo consideran de “interese” para o organismo, que abranguirá a preto de 600.000 habitantes, e para as veciñas e veciños de As Neves.

Nun encontro que se prolongou durante máis dunha hora, e que Rodríguez Méndez cualificou de “moi cordial e proveitoso”, os dous alcaldes estiveron da cordo na importancia “estratéxica” ca Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN) terá para a futura Área Metropolitana, “especialmente no desenrolo industrial” unha vez estea funcionando.

Abel Caballero comprometeuse a visitar o Porto Seco, na súa calidade de presidente do Consorcio da Zona Franca de Vigo, nunha visita na que, coincidiu co alcalde de As Neves, debería estar acompañado polo novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, e a delegada da Zona Franca, Teresa Pedrosa.

Neste sentido, Xosé Manuel Rodríguez Méndez e Abel Caballero coincidiron en que o Porto Seco debería ter unha “saída” directa cara a Portugal, “cunha ponte internacional”, que facilitase as comunicacións co país veciño. Esta comunicación, como salientou o alcalde de As Neves, debería abranguer, ademais, o transporte por “vía férrea”, coa nova estación que está proxectada no concello nevense– e cuios planos están moi avanzados, da cordo coas novas transmitidas pola Autoridade Portuaria- e que, á marxe do tráfico de mercancías, tería como “elemento central” posibilitar a conexión entre os veciños de todo o Condado Paradanta con Vigo e co resto do territorio que formará a súa Área Metropolitana.

Pola súa banda, Caballero reiterou que a Área Metropolitana é xa un “proceso irreversible”, ainda da “oposición” do presidente do Goberno de Galicia. O alcalde salientou que “hai acordo entre 15 concellos que representan a máis do 85% da poboación da Área”.

Abel Caballero sinalou que a Área pode empezar a andar “xa se o Goberno galego o autoriza e engadiu que o presidente Feijóo deu instrucións aos alcaldes do PP-os de Redondela, Mos, Baiona, Pazos de Borbén, Salvaterra e Soutomaior-para que sigan opoñéndose á súa constitución.

También te puede interesar