Vigo al minuto

As carrozas xa agardan para iniciar, este martes, a Cabalgata dos Reis Magos en Vigo

carrozas 1As carrozas da Cabalgata de Reis están rematadas e preparadas para desfilar deste martes, tal e como comprobou o alcalde durante unha visita ao recinto feiral do Ifevi na que lembrou que, se as condicións climatolóxicas o permiten, o desfile partirá da rotonda de Isaac Peral ás 6 da tarde, en dirección a García Barbón, Policarpo Sanz, Elduayen e Paseo de Alfonso. Previamente, ás 5, As Súas Maxestades serán recibidas pola Corporación Municipal na Porta do Sol.

Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán a Vigo pola mañá e teñen un programa moi apretado antes de iniciar o seu percorrido polo centro na comitiva ‘Fantasía de luz e son’, que estará integrada por unhas 1.200 persoas, 13 carrozas, 2 autobueses, 8 grupos de animación e 18 caballos con seus respectivos xinetes, e de repartir 3 toneladas de caramelos sen gluten e outra tonelada sen gluten nen azucre.

carrozas 2O Concello extremará unha vez máis a seguridade con case 500 efectivos pendentes dun percorrido que estará totalmente valado. Axentes da Policía Local, voluntarios e membros de Protección Civil velarán para que o desfile se realice coas maiores garantías de seguridade. Como todos os anos, estableceránse varios puntos de encoontro para os nenos perdidos, no lateral da Igrexa de Santiago de Vigo e Puerta do Sol, e se establecerá un posto destacado de emerxencias no cruzamento de Colón con Policarpo Sanz.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.