RGPD - Cookies
Cultura Vigo al día

O Circo de Nadal estará en Coia ata o día 10 deste mes

Circo1-768x512Se queres disfrutar do Circo do Nadal, ainda está a tempo. Está en Coia dende o 18 de decembro e permanecerá alí ata o 10 de xaneiro na carpa climatizada instalada na avenida Castelao.

O espectáculo encádrase nunha xira especial 20 aniversario da compañía por toda Galicia, que comezou en Santiago e pasou tamén por Ourense e Lugo. As entradas xa están á venda a través da web circodenadal.com, a un prezo que vai dende os 8€ ata os 30€.

O Circo de Nadal de La Fiesta Escénica é único no mundo pola creación de personaxes animatrónicos, entre os que destacan os seus osos polares. Esta experiencia innovadora e de grande realismo recibiu no ano 2011 o premio do prestixioso circo alemán Roncalli, logo de estrear nese país co acompañamento musical da Orquestra Filharmónica de Berlín.

Defínese tamén pola súa estética coidada, que emprega todos os recursos necesarios para os espectáculos de gran formato. Bota man de grandes escenografías deseñadas para a ocasión, robótica, un vestiario elaborado con minuciosidade, unha luminotecnia moi avanzada, efectos especiais que intensifican a súa carga visual e un dominio profundo das disciplinas circenses máis variadas.

Circo-768x512A montaxe dálle un xiro aos espectáculos navideños, cunha proposta sorprendente e chea de enerxía, que destila surrealismo, harmonía e unha morea de momentos máxicos. É unha aposta pola imaxe, o tratamento visual e a sutileza poética. Ademais dos osos polares, reúne mimos, acróbatas, equilibristas, trapecistas, malabaristas, contorsionistas, bailaríns, actores… o que se espera dun circo, mais traballado para sorprender. Máis de vinte artistas, co obxectivo de revivir as dúas décadas de historia da compañía.

También te puede interesar