Destacados

Requisados máis de 1.600 quilos de marisco, este luns, en Tui

DecomisadoAxentes do Servizo de Gardacostas de Galicia e da Policía Autonómica requisaron máis de 1.600 quilos de marisco nun operativo de control da comercialización realizado este luns, no quilómetro 31 da estrada A-55, á altura de Tui.

A actuación desenvolveuse ao longo desta mañá e durante ela os axentes inspeccionaron 24 camións e a un deles requisáronlle 1.464 quilos de ameixa xapónica, 12 quilos de ameixa fina e 175 quilos de percebe, por non estar debidamente documentados, xa que na documentación que amparaba a mercadoría non figuraba o seu destino. En total, este produto tería un prezo estimado no mercado duns 19.000 €.

Este operativo enmárcase nos traballos de control de comercialización e transporte nos portos e estradas de Galicia e súmase aos de control da baixamar nas praias na loita contra o furtivismo.

O Goberno galego lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.