Vigo al día

A concelleira de Benestar desminte á Oficina de Dereitos Sociais de Coia e sinala que “as mentiras teñen as patas moi curtas”

IsauraA concelleira de Benestar desmentiu as denuncias que fixo este martes a Oficina de Dereitos Sociais de Coia, na que afirmaba que había trampas na adxuidicación das axudas sociais doi Concello.

Isaura Abelairas puntualiza, en primeiro lugar, que a afirmación da Oficina de que “unha familia de catro membros non pode superar os 450 €, unha de cinco 500 e unha de seis 550 €”, non é real e que a normativa municipal deixa moi claro, nese mesmo parágrafo que “esas cantidades son unha vez descontado o custe mensual representado polos gastos do aluguer ou, no seu caso, da hipoteca, é decir, que a valoración faise unha vez descontados os devanditos gastos”.

En segundo lugar, engade Abelairas,”a base 14, punto 2, establece que para consideración dos ingresos da unidade de convivencia teranse en conta os ingresos do mes de Xaneiro de 2015”.

Por último, a concelleira, tras subliñar que “as bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 12 de Maio de 2015”, remata asegurando que “afortunadamente, os cidadáns de Vigo saben que as mentiras teñen as patas moi curtas”.

También te puede interesar