Vigo al minuto

O alcalde da a benvida a Vigo a Alejo Stivel e Carlos Tarque que actúan este mércores no ‘Mar de Vigo’

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O alcalde deu a benvida este martes a Vigo a estes «mitos e ídolos» da música, cantantes de Tequila e M Clan, respectivamente, que ofrecerán mañá un concerto conxunto no Auditorio Mar de Vigo, dentro da programación municipal de Nadal. Ambos escolleron Vigo para reunirse por primeira vez e interpretar algúns dos clásicos do rock en español, nun formato acústico e íntimo.

Abel Caballero amosou a súa «satisfacción» pola «importancia» da actuación que terá lugar mañá mércores, 23 de decembro, ás 9 e media da noite no Mar de Vigo, con entradas á venda desde os 18 €.

Alejo Stivel, cantante de Tequila, e Carlos Tarque, á fronte de M Clan, son dúas estrelas do rock and roll en español, dous amigos de sempre que elixiron a cidade de Vigo para reunirse por primeira vez nunha noite exclusiva. Nun concerto de corte íntimo e acústico, a deste mércores será unha ocasión única para gozar dos clásicos que todos coñecemos e dalgunhas versións que nunca tocaran con anterioridade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.