Galicia

#20D En Marea duplica,cando menos, os votos nas grandes cidades, gaña en Vigo e xa é a segunda forza por detrás do PP

Integrantes de En Marea, esta noite pasada en Vigo
Integrantes de En Marea, esta noite pasada en Vigo

Foto: Proendos/En Marea, a coalición de Podemos, EU e Anova obtén os mellores resultados nas sete grandez cidades o que, salientan os seus integrantes, «permitirá que Galicia teña, por primeira vez na historia, grupo parlamentar propio no Congreso dos Deputados».

Co 100% do voto contado, en Compostela En Marea repite-con 409 votos menos- os resultados das Eleccións Municipais de maio- e queda so por detrás do Partido Popular, que conquire 20.065 sufraxios-.

En A Coruña, A Marea,logra 45.759 votos por 46.705 do PP, e supera en 10.000 sufraxios os que obtivo Marea Atlántica nas Municipais de hai sete meses.

En Vigo En Marea foi a forza política máis votada este domingo, con 59.690 votos, 11.000 máis que o Partido Popular e 21.000 máis que o PSdG-PSOE.

En Ourense, triplica os votos logrados en maio por Ourense en Común- pasando de 5.543 a 15.273- fronte aos 22.553 do Partido Popular e por diante dos 14.574 do PSdG-PSOE. O mesmo sucede en Lugo, onde Lugonovo obtivo 5.379 nas Municipais e este domingo subiu ata os 13.963– por 19.934 dos populares, que perden preto de 10.000 votos dende 2011, e por diante dos 12.533 dos socialistas, que obteñen 5.000 apoios menos que hai catro anos-.

En Pontevedra, Marea Pontevedra pasou de 3.222 sufraxios nas Eleccións Municipais de maio, a 13.213- fronte aos 16.266 do PP e 9.927 dos socialistas e catro veces maís que os 3.203 do BNG-Nós do alcalde Lores-. Polo que se refire a Ferrol, En Marea pasa de 7.230 a 12.423- fronte aos 13.220 do Partido Popular e 7.890 do PSOE-.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.