RGPD - Cookies
Sin sección

#20D O PP perde 5-6 escanos en Galicia, A Marea tería 7-8 deputados, PSOE 4-5 e Ciudadanos 1-2

BeirasSegundo a enquisa de Demoscopia difundida pola TVG e Radio Galega, o PP se quedaría con entre 9 e 10 deputados en Galicia mentres que A Marea pasaría a ser a segunda forza política con entre 7 e 8 escanos no Congreso. Por detrás estaría o PSdG-PSOE, con entre 4-5 deputados e Ciudadanos obtería 1 ou 2 asentos en Madrid. BNG-NÓS desaprecería perdendo os dous escaños que tiña dende 2011.

O PP tería o 34,5 % dos votos e perdería 5 ou 6 escanos, A Marea obtería o 27% das papeletas, o PSdeG se quedaría co 19,3% e Ciudadanos tería o 10,7% dos votos.

En Pontevedra, dacordo con este sondeo, A Marea sería a primeira forza política da provincia, con 2-3 deputados, os mesmos que o PP, pero con máis porcentaxe de voto; o PSdG lograría 1 escano mentres que BNG-NÓS e Ciudadanos non teñen representación.

También te puede interesar