Vigo al día

#20D A Marea gaña as Eleccións Xerais en Vigo

Membros da Marea, en Vigo este domingo pola noite
Membros da Marea, en Vigo este domingo pola noite

Foto: Proendos/A Marea desbancou ás forzas políticas ‘tradicionais’ en Vigo nas Eleccións Xerais celebradas este domingo. A coalición entre Anova, Esquerda Unida e Podemos, que logra o 34% dos sufraxios, supera en 10.000 votos ao Partido Popular-que perde máis de 26.000 apoios dos 71.827 que conqueriu en 2011- e en preto de 20.000 ao Partido Socialista- que se queda no 22%, en total 11 puntos e 9.000 votos menos que hai catro anos-.

A cuarta formación máis apoiada na cidade é Ciudadanos-con algo menos do 10% e máis de 16.000 papeletas- mentres que o BNG, integrado na coalición Nós, punto menos que desaparece das opcións dos vigueses, perdendo prácticamente as tres cuartas partes dos votos que conqueriu en Vigo en 2011.

No conxunto da provincia de Ponteevdra, A Marea é a segunda forza política, con 2 escanos e o 28% do apoio, os mesmos que o PSdG-PSOE, que se fai co 21% dos votos. Por diante está o Partido Popular, que perde un dos deputados que lograra hai catro anos e conquire 3, co 34% das papeletas, 16 puntos e medio menos que hai catro anos.

También te puede interesar