Comarcas

A Deputación e 9 concellos da provincia acordan impulsar a Rede de Sendeiros Azuis

SENDEIROS FOTO 1A Deputación de Pontevedra e os nove concellos da provincia adheridos a Rede de Sendeiros Azuis- Cangas, Bueu, A Illa de Arousa, A Guarda, Vigo, Nigrán, Baiona, Sanxenxo e Pontecaldelas- acordaron poñer en marcha un proxecto común para revitalizar a rede e converter estes itinerarios, que enlazan praias e portos con bandeira azul, nun importante elemento de cooperación e atracción turística. A institución provincial, que dispoñerá dunha partida inicial de 60.000 € para as primeiras actuacións, asinará antes do 31 de decembro un convenio marco coparticipado con cada un dos 9 municipios a fin de desenvolver primeiras actuacións concretas de sinalización, mobiliario, mantemento e promoción.

Na reunión deste mércores, á que acudiron alcaldes e representantes de todos os concellos adheridos á Rede, tamén se avanzou que o proxecto terá un percorrido a medio e longo prazo xa que en 2016, coa unión de todos os municipios, a Deputación concorrerá a fondos europeos para desenvolver este plan de traballo de forma máis ambiciosa. Un deles é o LIFE, un programa europeo cunha liña de financiamento para mellora ambiental e recuperación da biodiversidade.

Carmela Silva sinalou que «as sinerxias e o traballo conxunto cos concellos naquilo que nos identifica faranos moito máis fortes e este proxecto o é. Trátase de cambiar o modelo, tamén nisto, para que no canto de que cada municipio aposte só polo que ten, fagamos unha aposta común». Silva engadiu que poñer en valor esta rede ten o obxectivo transversal de convertela noutro factor de importancia «para que todos os cidadáns que nos visiten saiban que aquí temos valores ambientais moi relevantes e que se atopan en diferentes concellos da provincia»

Os sendeiros azuis son itinerarios e elementos paisaxísticos que unen praias ou portos con bandeira azul e contribúen ao uso sustentable do litoral.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.