Galicia Sucesos

Dous mortos e 69 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

Accidente (ARQUIVO)/Tresyuno Comunicación
Accidente (ARQUIVO)/Tresyuno Comunicación

O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 69 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 11, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo. O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 19 accidentes.

A Central de Coordinación do 061recibiu nestes días 63 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 50 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 69 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 62. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a seis sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 49 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro sinistros. As ambulancias convencionais mobilizáronse en dúas ocasións.

En 62 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no lugar do sinistro.

También te puede interesar