Galicia

Os tractores volverán a ‘tomar’ Lugo dende este xoves en protesta polo prezo do leite

LugoComo xa fixeran hai máis dun mes, os tractores volverán tomar Lugo, ante a falta de cumprimento por parte do Goberno de Galicia e do Estado da promesa de subida dos prezos do leite, que segue igual e que «non nos da para seguir mantendo as granxas».

Os gandeiros anunciaron que, dende este xoves, van manter a protesta de forma indefinida até recibir explicacións por parte da distribución sobre o incumprimento do acordo lácteo.

A súa protesta non só se manterá no entorno da muralla: teñen pensado desprazarse aos centros de distribución para que os seus responsables aclaren cómo pòde ser que logo de asinar un acordo baixo o amparo do Ministerio de Agricultura, «subiron o prezo do leite nos lineais, pero iso non repercutiu nos produtores».

O Concello de Lugo prohibiu o estacionamento de vehículos na Rolda da Muralla a partir da noite deste mércores logo de obter a garantía dos gandeiros de que deixarán aberto un dos carrís da Rolda para non empeorar o tráfico na capital.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.