Vigo al minuto

Traballadores de Vitrasa falan de mobilizacións ante a imposibilidade de cumprir os horarios e o exceso de horas ao volante sen descanso

VitrasaOs representantes dos traballadores de Vitrasa veñen de denunciar as condicións nas que relizan a súa función os conductores con precariedade no caso dos empregados eventuais, dificultades en varias das liñas e problemas para cumprir os horarios.

Segundo subliñan as humanizacións, os cambios no tráfico, máis semáforos e zonas peoníes están facendo que, en varias das liñas “cumprir o horario é misión imposible”. Esta circunstancia afecta, ademáis, ao descanso dos chóferes, que non poden parar nas cabeceiras dos recorridos e veñen de acumular moitas horas seguidas diante do volante.

Os traballadores, que non desbotan mobilizacións, logo de moitas xuntanzas coa dirección para pechar un acordo sobre o convenio, alertan da imposibilidade de completar as rutas do Hospital Álvaro Cunqueiro por mor dos coches mal aparcados, unha circunstancia que mesmo deixa aos buses bloqueados o cal fai que se acumulen os retrasos.

También te puede interesar