Galicia

1.400 rapaces galegos de 29 concellos contactarán con Papá Noel por vídeoconferencia

Santa ClausEntre os días 10 e 18 de decembro máis de 1.400 alumnos de educación infantil de 29 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.

Así, os escolares de Educación Infantil de Marín, Betanzos, Sarreaus, O Barco e As Pontes serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT sitas nestes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará o xoves 10 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha visita de media hora en cada aula.

Nos seguintes días, ata o 18 de decembro, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de Abegondo, A Fonsagrada, Barreiros, Beariz, Boiro, A Cañiza, Carballedo, Castrelo do Miño, Castro Caldelas, Catoira, Celanova, Cerceda, Fisterra, Manzaneda, Marín, Muros, Narón, Ortigueira, Quiroga, Santa Comba, Valga, O Vicedo, Vilagarcía, Vimianzo e Xunqueira de Ambía, ata completar as 28 localidades que recibirán a visita virtual do noso Papá Noel.

Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos e as persoas con trastorno do espectro autista da Asociación Bata de Vilagarcía de Arousa.

O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu oitavo aniversario e que conta cun gran interese entre a comunidade educativa, será o de establecer unha comunicación cara a cara entre Papá Noel e os nenos e nenas destas localidades, que poderán falar e interactuar con el poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.

También te puede interesar