Comarcas

A Deputación acelera a posta en marcha do viveiro de empresas de Barro-Meis

imagesA Deputación de Pontevedra ven de aprobar a adxudicación dun contrato por valor de máis de 100.000 € para que o viveiro de empresas do Polígono de Barro-Meis conte con mobiliario e equipamentos adecuados para comezar a funcionar.

Este contrato de subministro, mediante procedemento aberto, e por valor de 119.968,84 € (IVE engadido) ten por obxectivo dotar de mobiliario ó edificio destinado a viveiro de empresas no polígono de Barro – Meis. En concreto, mesas de oficina, mesas auxiliares, electrificación, sillas, sofás, armarios, estanterías, rótulos, directorios, alfombras, percheiros, etc. para que o viveiro de empresas poida acoller, canto antes, ós emprendedores.

Neste espazo, realizaranse ademais, no marco do convenio coa Escola de Organización Industrial e na aposta que a Deputación de Pontevedra ten na creación e impulso do emprego, accións de coworking empregando a metodoloxía Lean Startup, con actuacións de formación e titorización de persoas, promovendo o traballo por conta allea e a creación de empresas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.