Comarcas Sucesos

Un ataque informático paraliza o Concello de Tui

TuiO Concello de Tui sufriu nas últimas horas un ataque informático que mantén aos distintos departamentos da Casa do Concello case paralizados. Onte ao mediodía detectouse a presenza dun ‘cryptovirus’ que afecta a innumerables arquivos encriptándoos e impedindo o acceso aos mesmos. Sospeitase que a infección comezou nun ordenador e ao través do servidor se estendeu ao resto dos equipos.

Dende onte técnicos municipais están a traballar para solucionar este problema informático, aos que hoxe se sumarán tamén técnicos do departamento de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra, aos que se solicitou colaboración. O Concello presentará a correspondente denuncia ante a Garda Civil por este ataque informático.

Dende o Concello de Tui piden desculpas as persoas que se acheguen hoxe ata o Concello de Tui a realizar algún tipo de xestión, xa que todas aquelas que precisen dun proceso ou consulta informática non poderán ser atendidas. Así hoxe o rexistro de entrada e saída de documentos estará pechado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.