Deportes

Lúa Piñeiro e Katya Calvar, prata e bronce no internacional de taekwondo de Marrocos

MarrocosDúas medallas para deportistas galegas no Open Internacional de Marrocos (G-1), que se celebrou esta pasada fin de semana. Lúa Piñeiro (Natural Sport Ribeira) logrou a medalla de prata (e quedou moi preto do ouro) e Katya Calvar (Mat´s) foi bronce en -67 quilogramos. Ademais, hai que destacar o bo traballo dos outros dous deportistas galegos presentes en Agadir: Borja Ríos (Hebe) e Sara García (Dobok) quedaron eliminados nos cuartos de final, a só un pasiño das medallas.

Lúa e Katya competían no mesmo peso. Así, Lúa foi superando obstáculos a pesar de ter o xeonllo un pouco tocado. Primeiro eliminou a Sofia Reis (Cabo Verde) por 3-7 e despois a española Lourdes Navarro (1-2). Na semifinal tería que enfrontarse a Katya, pero non competiron e así chegou á final un pouco máis descansada. A exipcia Seham Elsawalhy, unha boa taekwondista con resultados destacados pero a que Lúa xa gañou este mesmo ano, era a rival no último combate. A pelexa estivo moi igualada, tanto que se decidiu por decisión arbitral, na que os xuíces tiraron a favor da exipcia.

Pola súa banda, Katya gañou dous combates: A Souhila Smaili (Alxeria) por un rotundo 1-13 e á marroquí Hakima El Meslahy (número 3 do ranking) por 6-9. Gran participación de Katya. Ademais, Borja Ríos (-63) logrou vencer en dos combates. Superou ao marroquí Azze-Elarab Tairech (17-4) e a Hasain Mohammed (13- 11). Nos cuartos, coa medalla a só un pasiño, caeu pola mínima contra Ayoub Bayejou (9-8).

Por último, destacar a actuación de Sara García (-57), que gañou o primeiro combate contra Zahra Kouache (7-11) e caeu fronte á representante de Canadá Evelyn Gonda por 1-2. Gonda (número 2 do ranking) foi a medalla de ouro neste campionato.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.