RGPD - Cookies
Galicia

Detido o alcalde de Dozón e un dos seus fillos por suposta estafa en cursos de formación

Alcalde DozónO alcalde de Dozón, o popular Alfonso Campos, foi detido este venres pola mañá durante unha operación ordeada polo Xulgado número 1 de Lalín, que investiga supostas irregularidades na organización, licitación e contratación de cursos de formación.

Xunto co alcalde tamán foron detidas, dacordo coa información difundida ata esta hora, outras 15 persoas, entre elas un dos seus fillos, directivos de distintas empresas, o ex alcalde de Santa Comba, Manuel Landeira, todos eles acusados de estafa, falsificación de documento público mercantil e fraude.

Logo de declarar ante o xuiz foron postos en liberdade coa obriga de presentarse no Xulgado cando sexan citados.

También te puede interesar