Vigo al minuto

As bibliotecas universitarias empezan este sábado o seu horario especial de apertura

BibliotecaA Biblioteca Universitaria inicia este sábado unha nova campaña de apertura especial para facilitar ao alumnado a preparación dos exames do primeiro cuadrimestre. O novo horario manterase ata o vindeiro 19 de xaneiro e inclúe a apertura de fin de semana e a nocturna.

Durante as fins de semana, agás a dos días 26 e 27 de decembro, as bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra manterán as súas portas abertas de 8 a 22 horas. Neste horario tamén se inclúen os días festivos 8 de decembro e 6 de xaneiro. Nas mesmas datas, aínda que de 9 a 21 horas, abrirá tamén a Biblioteca Central do campus de Vigo.

Ao igual que en anos anteriores, as bibliotecas centrais dos campus de Ourense e Pontevedra e a de Torrecedeira tamén estarán abertas polas noites ata as 3 da madrugada. O horario nocturno abranguerá do 7 ao 18 de decembro, agás o festivo do 8 de decembro, e do 7 ao 19 de xaneiro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.