Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Persoal de cociña dos hospitais de Vigo indican que a mala calidade da comida débese ao “quentamento da mesma”

Comida Cunqueiro
Foto: Sara Barreiro Fernández

Ante as queixas dos usuarios dos hospitais de Vigo, os traballadores das cociñas do Hospital Meixoeiro, Hospital Nicolás Peña e Alvaro Cunqueiro, remitiron este xoves un comunicado no que indican que “o noso traballo de elaboración, cocción e fabricación dos alimentos é impecable, igual que se facía anteriormente nos hospitais Xeral, Nicolás Peña e Meixoeiro”. Ademáis subliñan que “os materiais son de primeira calidade, sendo a súa elaboración excelente”.

Os traballadores indican que son conscientes de que “o problema é o cambio de sistema que aplica o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e, polo tanto, no proceso de quentamento de platos, hai en moitas ocasións deterioro da comida asi como da súa presentación.”

También te puede interesar