Comarcas

Centos de rapaces rexeitan a violencia machista en As Neves amosando que a educación é fundamental para acabar coa violencia

As Neves1Centos de alumnos da EFA A Cancela, do IES Pazo da Mercé e do Coléxio Público de As Neves, xuntáronse, saido cadan seu dende o seu centro, nunha cadea humana que rematou diante do Concello, para rexeitar a Violencia Machista.

Ao acto, organizado polas direccións dos centros e pola Concellería de Muller e Igualdade, asistiron o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e os dous tenentes de alcalde, Eduardo Mariño e Óscar González, xunto cos profesores, amosaron que a única maneira de combater «esta lacra» é coa educación.

Rapaces e rapazas, que levaban globos morados, a cor que conmemora esta data, interviron para lembrar que a desigualdade non ten sitio na súa vida, que a violencia nunca resolve os conflictos e que as diferencias entre homes e mulleres son termos do pasado e que hoxe, no seu mundo, «no mundo futuro hai que falar de persoas».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.