RGPD - Cookies
Galicia

Os quitaneves da Deputación de Lugo teñen que despexar varias estradas en Cervantes, Folgoso e Pedrafita

QuitanevesOs quitaneves da Deputación de Lugo tiveron que intervir este domingo para despexar varias estradas de Folgoso do Courel, Cerventes e Pedrafita, nas que había ata 10 centímetros de neve.

Segundo fontes do organismo provincial, 15 traballadores e 11 máquinas actuaron na LU-P-1303 de Seoane por Visuña a Ferramullín; na LU-P-1305 de Campa por Vilar ao Alto do Boi; na LU-P-1304, de Mostad por Romeo a Casares; e na LU-P-4501 de Poio por Teixeira, en Folgoso do Courel.

Na LU-P-1301, que entre Seoane de Courel a Pedrafita e na LU-P-3701, de As Nogais a Pintinidoira, en Pedrafita; a LU-P-1411, de Vilanova a Portelo, na LU-P-1401, no Piornedo e na LU-P-1405, en Campa da Braña, en Cervantes.

También te puede interesar