Galicia Sucesos

A Audiencia de Lugo pide á xuiza de Lara que xustifique a súa competencia para investigar e imputar a Gómez Besteiro

Sin títuloA Audiencia Provincial de Lugo, ven de aceder á petición do abogado do secretario xeral dos socialistas de Galicia, e emitiu unha providencia na que pide á Fiscalía e ao Xulgado de Instrucción número 2 da capital-do que procede a causa que está aberta contra José Ramón Gómez Besteiro, que se pronuncien sobre a competencia da xuiza Pilar de Lara para investigar a súa intervención no coñecido como ‘Caso Garañón’.

Este xoves a defensa de Besteiro solicitou que De Lara fora apartada deste caso sinalando que a maxistrada cometera distintas irregularidades na tramitación deste asunto. Ademáis delo,hai que lembrar que hai xa dez anos o Xulgado de Instrucción número 1 de Lugo, que investigara este asunto arquivou o mesmo logo de non atopar irregularidade na actuación de Gómez Besteiro cando era concelleiro de Urbanismo da capital.

O pasado 3 de xullo, o secretario xeral do PSdG foi citado como imputado para o 31 do mesmo mes por Pilar de Lara quen, finalmente, suspendeu a súa comparecencia e, dende esa data, non admitiu nin un so dos escritos presentados polo abogado do líder socialista.

Nestos catro meses, José Ramón Gómez Besteiro presentou diferentes escritos no xulgado nos que pediu a nulidade das actuacións, ademáis de facer público un informe das propiedades, patrimonio e mesmo movementos das contas bancarias, tanto súas como da súa muller.

Coincidindo coa providencia da Audiencia Provincial, tamén este venres, De Lara ven de chamar a Gómez Besteiro a declarar o vindeiro 12 de xaneiro: nesa data terán pasado preto de seis meses despois da súa primeira citación, tempo perante o cal o ex presidente da Deputación de Lugo ven de estar imputado sen ter posibilidade de defenderse.

También te puede interesar