'Qué te cuentas?'

O mellor touro de raza frisona do Estado é de Lugo…e o segundo, o terceiro, o cuarto…

Foto: Mauricio de los Santos
Foto: Mauricio de los Santos

O mellor touro de raza Frisona de España é de Lugo. Este é, o magnífico Apina Delano, da empresa pública Xenética Fontao. Así se desprende das avaliacións xenéticas da Confederación de Asociacións de Frisona Española (CONAFE )correspondentes ao mes de novembro que se veñen de publicar este martes.

Apina Delano conseguiu unha marca de 3.738 puntos, o que o sitúa como líder do Estado tanto entre os 50 mellores touros españois como entre os 200 do catálogo da Conafe. Apina Delano tamén lidera, con diferencia, a lista dos 200 mellores touros de Holstein de España, incluíndo aos procedentes de fóra do Estado.

A este éxito, Xenética Fontao suma o feito de conseguir 8 dos 10 mellores touros españois.

También te puede interesar