Vigo al minuto

O Goberno de Galicia asegura que o Concello tarda ata 6 meses en tramitar a Risga das persoas que a solicitan

XuntaSegundo o Goberno de Galicia, o retraso na tramitación da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) en Vigo débese á demora do Concello que, nalgúns casos tarda ata 6 meses en facer chagar os expedientes á Administración Autonómica.

Dacordo coa versión do Goberno galego, está tardando os 2 meses que marca como máximo a Lei de Inclusión Social de Galicia para atender as solicitudes que presentaron as 2.279 persoas que cobraban a Risga en Vigo a finais do mes pasado.

A administración galega indica que o Concello debería tardar 1 mes en facerlles chegar a documentación, pero a media vai dende os 4 aos 6 meses.

Esta información do Goberno de Galicia difúndese o mesmo día no que o grupo municipal do Partido Popular denunciou que hai más de 2 meses de demora no pago das axudas municipais de emerxencia ás familias viguesas que a solicitaron.

También te puede interesar