Manifa Sanidade2Milleiros de persoas participaron este domingo en Vigo na marcha convocada pola Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Vigo (CHUVI) en defensa da Sanidade Pública e para esixir que se recupere o Hospital Álvaro Cunqueiro como un centro sanitario “público e de calidade”.

Os manifestantes sairon da Praza de América cara ao Álvaro Cunqueiro berrando “¡Non queremos un hospital privado!” e demandando ao Goberno de Galicia que garanta unha atención sanitaria de calidade, sen recortes e sen intervención de empresas que “so buscan o rendemento económico sen importarlles a saúde dos enfermos”.

Os representantes dos traballadores volveron a denunciar que o novo hospital, ademáis de costar o triplple do orzamentado, “dondo beneficios ás empresas concesionarias”, sufriu importantísimos recortes en número de camas, “o cal incidirá no aumento da lista de espera”, de servizos esenciais, como o laboratorio central, en persoal, en quirófanos, “que son menos dos inicialmente anunciados o que está causando constantes retrasos na realización das operacións” e sen servizos.

En base a todo elo esixiron ao novo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que atenda as demandas dos profesionais e dos pacientes e que se sente a negociar “de xeito serio e coa mente aberta” cos representantes dos dous para cambiar o modelo do Cunqueiro que “nas semanas que leva aberto xa amosou que non funciona”, como puxeron de manifestó as constantes queixas do persoal, os enfermos e as súas familias, e as demisións de distintos responsables e xefes de servizo.

También te puede interesar