RGPD - Cookies
Cultura

Esta fin de semana, 500 persoas ‘coñecerán’ a provincia de Pontevedra

A presidenta da Deputación, Carmela Silva
A presidenta da Deputación, Carmela Silva

Dentro do marco do programa “Coñece a túa provincia”, que a Deputación de Pontevedra impulsa a través dos servizos sociais desde o ano 2008, esta fin de semana preto de 500 persoas poderán descubrir, a través de diversas rutas, a provincia de Pontevedra.

O programa “Coñece a túa provincia” contribúe á dinamización económica e social da provincia de Pontevedra ó tempo que impulsa o enriquecemento cultural, o fomento da convivencia e asociacionismo e pon en valor os principais recursos turísticos da provincia, promovendo así ó seu desenvolvemento económico.

Participan no programa entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra (maiores, mulleres, mozos, persoas con diversidade funcional, veciños, familias e menores) que, a través dunha xornada de convivencia que inclúe traslados en autocar, guías informativas, seguro de viaxe, manutención e visitas, percorren lugares emblemáticos das Rías Baixas.

Así, as entidades poden elixir entre 18 rutas que abranguen desde os edificios da Deputación de Pontevedra ata concellos como A Estrada, A Guarda, Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo, Covelo, Cuntis, Forcarei, Lalín, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Nigrán, O Grove, Poio, Portas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda e Vigo.

Esta fin de semana participarán oito asociacións e preto de 500 persoas de Moaña (Asociación de Mulleres Poza da Moura), A Lama (Asociación Cultural San Antonio da Lama), Lalín (Asociación de Mulleres en Igualdade de Goias), Campo Lameiro (Asociación Mulleres Rurais A Chanciña), Cuntis (Asociación de Mulleres Rurais As Termas), Pontecaldelas (Mulleres Rurais do Verdugo), Vigo (A.V.C.D. Sampaio) e Vilagarcía de Arousa (A.A.C.c. Xeada).

También te puede interesar