Vigo al minuto

Marea de Vigo denuncia que o Goberno local permite que Aqualia cobre aos veciños pola auga 33 €, “ainda que non abras a billa”

Rubén Pérez, voceiro de a Marea de Vigo (ARQUIVO)/Tresyuno Comunicación
Rubén Pérez, voceiro de a Marea de Vigo (ARQUIVO)/Tresyuno Comunicación

Rubén Pérez, voceiro municipal da Marea de Vigo, acusa a AQUALIA e o Concello, de estar montando sistematicamente unha calculada cortina de fume sobre a xestión privada do subministro de auga e saneamento en Vigo. Lembra que, “inversións en humanizacións, subvencionar festas parroquiais ou agora encher Vigo de setos decorativos cun mantemento continuo, non son as funcións dun operador privado dunha concesión pública de auga”.

Para a Marea, o negocio da auga privatizada sigue sendo un gran filón que permite contentar vontades como estas “aventuras xurásicas” que este goberno municipal quere emprender. Marea de Vigo considera evidente que FFC, que fíxose con gran parte dos servizos en concellos grandes e medianos, e en 2001, creou un novo grupo chamado AQUALIA, converténdose nun auténtico “lobby” con poder ante concellos e partidos políticos representados.

A cidadanía responsable non vai permitir un “cambio de cromos” ante o feito de que o propio prego de concesión establece unha serie de medidas que deixan ao concello sen capacidade negociadora ante AQUALIA, sobre todo ao establecer un tope máximo de inversión en obra, “un saldo esgotado fai anos”, e a permitir unha tarifa abusiva e que non contribúe ao aforro.

Marea de Vigo subliña que hoxe, na cidade, unha familia que consuma 10 m3 e unha que consuman 30 m3 pagan case o mesmo. Xa que a primeira paga aproximadamente 34 € cada dous meses e a segunda, 38 €. “O truco está en establecer un primeiro bloque de 30 m3, sendo esa pequena diferencia ó canon de saneamento, xa que por abastecemento, saneamento e a cota fixa páganse case 33 €, aínda que non abras nin unha billa- o que ven sendo 500 litros ó día”.

También te puede interesar