Comarcas

As oficinas de obra da UTE que acomete o desenrolo da PLISAN estarán en As Neves

plisanAs oficinas de obra da Unión Temporal de Empresas (UTE) que acometerá a primeira fase das obras de urbanización dos sistemas xerais da Plataforma Logística e Industrial Salvaterra-As Nieves (PLISAN), estarán en As Neves, tal e como confirmou a UTE ao alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, que fixera varias xestións para que as mesmas se ubicasen no seu concello.

A UTE- integrada por Civisglobal, Construcciones Taboada y Ramos, S.L. e Construcciones, Obras y Viales, S.A. (Covsa)-ocupara dous pisos na céntrica rúa Doutor Martínez Rodríguez, e as oficinas abrirán as súas portas a vindeira semana, coincidindo co desenrolo dos traballos, que durarán ano e medio e habilitarán a zona máis achegada ao enlace coa autovía.

Cambio de ubicación da gardería

Ademáis, o alcalde mantivo unha xuntanza este venres, en Compostela, co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, para plantexarlle o traslado da Gardería, que na actualidade está nas mesmas dependencias que o Centro de Saúde, ao colexio público que dispón de tres aulas libres que poderían ser utilizadas para esta finalidade.

Rey Varela amosouse favorable a este plan, que conta co visto bo do propio Concello de As Neves, da dirección do Colexio e da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) e que, de paso, permitiría ampliar, unha vez que oa gardería abra no colexio, acometer a ampliación do centro sanitario.

Dado que trátase dun proxecto que require a intervención da propia Consellería de Política Social, da de Educación e da de Sanidade, no prazo dunha semana despois da toma de posesión do , novo xerente do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, este desplazarase ata As Neves para coñecer de primeira man a proposta de traslado e ubicación da gardería e iniciar os trámites para levalo a cabo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.