Comarcas

A Xunta empeza a pagar este xoves 1,6 millóns aos veciños expropiados pola Via de Altas Prestcións Tui-A Guarda

O presidente do Goberno de Galicia, en xullo do ano pasado inaugurando un treitoda nova vía
O presidente do Goberno de Galicia, en xullo do ano pasado inaugurando un treitoda nova vía

Segundo informa o Goberno de Galicia, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), citará nos vindeiros días aos propietarios dos terreos expropiados pola construción da Vía de Altas Prestacións (VAP) Tui-A Guarda para abonarlles máis de 1,6 millóns de euros. Este xoves, 5 de novembro, están convocados os veciños afectados no Concello pontevedrés do Rosal, e, os días 16 e 19 deste mesmo mes, pagarase a afectados dos municipios de Tui e A Guarda, respectivamente.

En total, serán 219 os titulares beneficiados por estes pagos, un total de 362 parcelas: 58 afectados no Concello do Rosal (110 fincas), que cobrarán un total de 779.063,48 €; 124 (195 fincas) no de Tui, aos que se lles pagarán 737.583,94 euros, e 37 (57 fincas) no da Guarda, que cobrarán 115.812,39 euros.

A relación concreta dos propietarios aos que se abonarán as indemnizacións estará publicada nos concellos do Rosal, de Tui e da Guarda.

O pago aos veciños do Concello do Rosal efectuarase na Casa do Concello este mesmo xoves, 5 de novembro, debendo acudir entre as 11.00 e as 12.00 horas os titulares dos bens afectados. Así mesmo, os pagos en Tui realizaranse o luns 16 de novembro, entre as 11.00 e as 12.00 h, e no municipio da Guarda o 19 de novembro no mesmo horario.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.