RGPD - Cookies
Comarcas

Ponteareas contrata 34 persoas en situación de desemprego

concello-ponteareasOs traballadores seleccionados polo Concello de entre aquelas persoas que foron convocadas polo Servizo Público de Emprego comezan a traballar esta semana

4 peóns de vías e obras, 4 peóns xardineiros, 2 oficiais de segunda de oficios varios, 5 oficiais albaneis, 3 oficiais electricistas, 1 oficial fontaneiro, 2 limpadores, 1 peón de oficios diversos, 3 peóns grumir, 2 auxiliares de policía local, 1 auxiliar administrativo, 1 conserxe para a Escola Infantil, 2 monitores de ocio e tempo libre, 1 camareiro limpador e 1 auxiliar de clínica para a residencia de maiores Santa Ana e 1 auxiliar de biblioteca.

Estas son as categorías dos diferentes traballadores e traballadoras que comezarán a súa actividade laboral no Concello de Ponteareas esta semana e que permanecerán no consistorio durante un período de 2 meses.

Unha das brigadas que quedará especialmente reforzada é a de limpeza de vías, o cal permitirá completar a limpeza da vexetación de todas as estradas municipais, ademais de reparar o mobiliario mobiliario dos espazos públicos, paseos e parques. Dentro das actuacións previstas está recuperar o sendeiro da Picaraña e acondicionar algúns pasos sobre regatos na senda da Moscadeira ata Moreira.

Con estas contratacións, dende o Concello e a Deputación ofrécese a oportunidade de traballo cun contrato temporal a persoas que levan moito tempo en desemprego, chegando nalgúns casos a superar os catro anos de inactividade.

También te puede interesar