Vigo al minuto

Ti podes axudar a que se estree en Vigo ‘Encallados’ a véspera do 13 aniversario do afundimento do Prestige

headerO 12 de novembro é a véspera do 13º cabodano do naufraxio do Prestige. Unha fatídica data que conmocionou a sociedade galega, activou o seu sentido cívico e fixo que se canalizase a raiba diante a catástrofe ecolóxica e a incompetencia política mediante a protesta, a solidaridade, a arte ou a creación colectiva.

“13 anos despois non fomos quen de espertar de todo. Quitamos o chapapote, si, pero non a sensación de fracaso colectivo como país, que segue aí de fondo impedíndonos avanzar e construir o noso propio relato”. Diso fala Encallados, o filme de Alfonso Zarauza («Os fenómenos») sobre o proceso creativo de intentar facer unha película sobre o Prestige.

Rodado en Compostela en branco e negro en en 16mm, e protagonizado por Xúlio Abonjo, Ricardo de Barreiro e Federico Pérez (coa colaboración especial de Luís Tosar, tamén produtor do filme), Encallados é unha ollada en clave de comedia cara a nós mesmos chea de autocrítica, melancolía e humor.

Tras unha xira por todo o país e éxitos en Madrid, Londres e Barcelona, Encallados regresa a Vigo para estrearse nos Multicines Norte grazas dun novidoso sistema, o crowdticketing, a través da plataforma Screenly. Precísanse 50 espectadores que reserven a entrada por adiantado para confirmar a proxección, o vindeiro xoves 12 de novembro ás 19:45. Ese día estará en Vigo o director da película, Alfonso Zarauza, e mais o autor da novela gráfica homónima, Marcos Vigo, que asinará exemplares para os asistentes.

A campaña remata dentro de tres días, e precisan aínda 35 reservas. Para axudar só tes que reservar as túas entradas en Screenly antes do xoves. Non se cargará o importe das mesmas ata que consigan todas as reservas necesarias e o evento se confirme, cousa que agardan se produza grazas á túa axuda.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.