Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Ciéntíficos da sanidade pública de Vigo becados por un estudo sobre o cancro de vexiga

Equipo estudio cancer vexigauros e patologos 2Un estudo do Servizo de Uroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) sobre o cáncro de vexiga, no que participan tanto urólogos coma patólogos do Complexo Hospitalario Universitario vigués, ven de recibir dúas becas de investigación das sociedades Galega e Española desta Especialidade.

Dito estudo -que conta coa autorización do Comité de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense- presentouse a dúas convocatorias competitivas de axudas á investigación clínica: unha da Sociedade Galega de Uroloxía, e outra de ámbito nacional, da Asociación Española de Uroloxía, sendo premiado en ambas as dúas.

Segundo destaca a uróloga Elena Lopez Díez, investigadora principal, “este proxecto pretende valorar a asociación do xene HER2 cunha maior recorrencia e progresión do cáncro de vexiga, coa posibilidade de distinguir aqueles pacientes con tumor vesical non músculo-invasor que requiren unha terapia máis agresiva de inicio, ou que poderían beneficiarse de terapias antiHER2”.

Para iso, formulouse no Complexo Hospitalario Universitario vigués un traballo multidisciplinar no que participan urólogos e patólogos deste centro, que analizan de forma retrospectiva casos de pacientes diagnosticados e tratados con cancro de vexiga de alto grao, mediante o estudo das mostras tumorais almacenadas no Biobanco do CHUVI.

A sobreexpresión do receptor HER2 tamén está presente aproximadamente entre un 20 e un 30% dos cáncros de mama e asóciase a unha enfermidade máis agresiva, maior índice de recorrencia e diminución da supervivencia.

Nesta liña, se desenvolveu o obxectivo de coñecer a utilidade de dito marcador en cáncros de vexiga como indicador prognóstico, con algún traballo previo con resultados variables.

A maioría de estudos reportados fixéronse en tumores musculo-invasores, existindo poucas revisións sobre a sobreexpresión deste marcador nos tumores non musculo-invasores.

O cancro de vexiga é o tumor maligno máis frecuente no tracto urinario e o noveno cancro máis común a nivel mundial. Un 90% deste tipo de cancros vesicais son de orixe urotelial, presentando en ocasións variantes que empeoran o seu prognóstico.

Na súa presentación inicial, o 75% dos pacientes comezan coa enfermidade confinada na mucosa ou submucosa (estadio T1). Este grupo de tumores son agrupados como tumores non músculo-invasores, sendo relevantes tanto pola súa prevalencia coma pola súa repercusión sobre o prognóstico para os pacientes.

También te puede interesar