Comarcas Vigo al minuto

Máis de 1.500 persoas poderán empezar a traballar desde este martes a través do Plan de Emprego da Deputación

A predidenta da Deputación, Carmela Silva, en Sabucedo, este domingo
A predidenta da Deputación, Carmela Silva, en Sabucedo, este domingo

Este martes arranca o novo Plan de Emprego da Deputación de Pontevedra, a través do cal 1.514 persoas traballarán nos 62 concellos da provincia, distribuídos en función da súa poboación, con salarios e horarios máis dignos que ascenden a preto dos 1.000 € ao mes e xornadas de 35 horas.

Tal e como manifestou a Presidenta da Deputación, o noso obxectivo e loitar para a eliminación da precariedade laboral e o impulso dun traballo de calidade, pensado desde o punto de vista das traballadoras e traballadores, respectando os seus dereitos e dignidade, e garantindo unhas mellores condicións económicas para mulleres e homes, con salarios e unha xornada laboral normal. Así, fronte a xornadas de 25 horas e salarios entorno os 400 €, pasarase a unha xornada de 35 horas e preto de 1.000 €”.

O Plan de Emprego, que está dotado con máis de 3 millóns de euros e beneficiará a 1.550 traballadoras e traballadores ata o 31 de decembro de 2015, pretende garantir o traballo de persoal cualificado nos 62 concellos da provincia de Pontevedra, ante as dificultades que estes teñen para a contratación de novo persoal. Así, Carmela Silva subliñou que “as administracións debemos impulsar políticas de emprego como eixo fundamental cando, ademais, ese emprego facilita que os concellos poidan seguir prestando servizos básicos e dar resposta ás demandas das veciñas e veciños”.

Para o 2016, o Plan de Emprego será máis flexible e, dentro do novo modelo de xestión da Deputación de Pontevedra, converterá ós concellos en protagonistas. Así, no 2016 serán os propios concellos os que decidan os postos de traballo que precisan ou os meses nos que contarán co persoal, mantendo as condicións laborais do Plan de Emprego posto en marcha polo novo goberno provincial.

También te puede interesar