Comarcas

‘Nigrán Decide’, «garante os ingresos do Concello cunha menor presión fiscal aos veciños»

Nigrán Decide‘Nigrán Decide’ apoiou a baixada dos tipos de gravame do 0,52 ao 0,50% proposta no pleno deste xoves, para que o tipo de gravame do IBI –a popular Contribución- quede como estaba antes da xestión do Partido Popular. Entre as razóns para apoiar esta baixada, que foi aprobada, están, ademais de que no referente a tributos, “non só debemos ter en conta as necesidades de xestión do Concello, senón tamén a situación económica da veciñanza, en particular das familias máis desfavorecidas”, indiocan dende a formación.

Tamén, subliña, segundo as estimacións feitas, a recadación polo IBI cun tipo de gravame do 0,50 serían similares respecto ao recadado no ano 2015, polo que quedarían garantidos os recursos para que o goberno municipal poida realizar a súa acción de goberno. Á actualización do valor catastral solicitado polo goberno municipal, na que se aumenta o valor de todos os inmobles un 10%, únese agora a regularización catastral solicitada. Aínda que é difícil saber as consecuencias para os ingresos de Nigrán pola recadación do IBI, ‘Nigrán Decide’ constatou que noutros concellos onde se levou a cabo a regularización, a base liquidable do IBI aumentou até un 15%.

Ademáis, o grupo municipal presentou no Pleno unha emenda ao ditame informado favorablemente na Comisión de Contas para evitar o aumento nas vivendas unifamiliares da taxa de recollida do lixo de 75,6 € a 78,25 €, que foi rexeitada polos votos do Partido Popular.

Para ‘Nigrán Decide’, a xestión do orzamento non só e cuestión de recadar máis, “que é o que resulta mais fácil, tamén é cuestión de controlar os gastos”. É por iso polo que acompañando a emenda, presentou unha moción urxente para que se deixe de pagar á concesionaria polos servizos non realizados, e se lle reclamen os servizos pagados e non realizados con anterioridade.

En relación a esta moción aínda que non se chegou a votar, o goberno municipal compremeteuse a levala a cabo cando remate o expediente administrativo de auditoría da concesionaria. Segundo os datos dos que dispón esta formación, nunha primeira análise, poñen de manifesto que se lle está pagando á concesionaria por servizos non realizados.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.