Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O Sergas anuncia a colocación dun novo TAC que «sitúa ao Cunqueiro na vangarda da máis alta tecnoloxía»

IMG_5656O Hospital Álvaro Cunqueiro recibiu un novo TAC de 128 cortes, que quedará emprazado no servizo de Radiodiagnóstico, no bloque técnico do centro.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde (Sergas), este equipo, procedente de Holanda, “é un dos máis avanzados que existen na actualidade no mundo”, e permitirá realizar os estudos máis innovadores neste eido. Na nova dotación, o Sergas realizou un investimento de preto de 1millón de euros.

Unha vez instalado, este aparataxe será sometido a un proceso de calibración e axuste, para garantir o seu perfecto funcionamento, polo que os técnicos calculan que “poderá estar operativo en 20 días aproximadamente” .

IMG_5729Segundo o Sergas, “coa adquisición deste tomógrafo, increméntase de xeito significativo ás prestacións dos TACs actuais do CHUVI, con capacidade máxima de 64 cortes”. Co novo TAC, capaz de realizar 128 cortes en 0.30 segundos, “o Hospital Álvaro Cunqueiro sitúase á vangarda na disposición de equipos da máis alta tecnoloxía”, ofrecendo estudos de Tomografía Axial Computarizada (TAC) con resultados máis rápidos, máis precisos, con maior resolución e calidade de imaxe e de «detalles sen precedentes». Isto posiblitará acelerar os diagnósticos e mellorará aínda máis a fiabilidade dos mesmos.

Coa posta en marcha do novo hospital, a área de Vigo incrementa con dous equipos máis a súa dotación en tomografía, pasando de tres aos cinco TACs dispoñibles na actualidade, e que están emprazados nos seguintes centros: tres no Álvaro Cunqueiro, 1 no Xeral e 1 no Meixoeiro”. Nas próximas semanas trasladarase o do Xeral ao HAC, co que este hospital contará con 4 destes equipos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.