Galicia

As provincias de Pontevedra e A Coruña, en alerta laranxa este martes por un temporal costeiro

TemporalA Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia do Goberno de Galicia alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará o litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase a partir das primeiras horas de mañá, mar combinada do oeste e noroeste de 5 a 6 metros que afectará o noroeste, suroeste e oeste da provincia da Coruña e á provincia de Pontevedra. Na costa de Lugo, haberá alerta amarela con mar combinada de oeste e noroeste que pode alcanzar os 4-5 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén se lle lembra á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.