Galicia

O mércores empeza en Vigo o curso de formación de guías no Parque das Illas Atlánticas

CíesO próximo mércores, día 21, comeza en Vigo a fase presencial do curso de “formación de guías na rede de Parques Nacionais”. Este curso realízase grazas á colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Organismo Autónomo de Parques Nacionais (OAPN).

Así, o OAPN encargouse da formación en liña, e o Parque Nacional das Illas Atlánticas da parte presencial, que se desenvolverá no Centro de visitantes do Parque Nacional de Vigo e nas Illas, dependendo das condicións meteorolóxicas.

A fase presencial deste curso, que se prolongará ata o próximo día 23, é de carácter gratuíto e contará cun total de 50 alumnos, todos eles seleccionados a través dunha convocatoria pública.

Durante os próximos días, os participantes formaranse en diversos aspectos de interese relacionados coa mellora do patrimonio natural e a biodiversidade. Por exemplo, coñecerán as distintas redes de espazos protexidos existentes a nivel estatal e europeo, ou afondarán na lexislación e normativa que afecta ao Parques Nacionais.

Ademais, tamén se lles facilitarán recursos e coñecementos relacionados co uso público dos espazos protexidos.

A principal mensaxe que se busca transmitir a través desta actividade formativa é lembrar que a protección dos espazos e especies pode contribuír ao benestar tanto das persoas que os habitan, como dos turistas que se achegan a visitalos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.