Galicia

O avogado de Besteiro acusa á xuiza De Lara de «atribución irregular» da causa na que está citado o líder socialista

BesteiroCándido Conde-Pumpido, avogado do secretario xeral dos socialistas de Galicia na causa da urbanización Garañón, na que José Ramón Gómez Besteiro ten que declarar como imputado, acusou á xuiza que realiza a instrucción do sumario de «atribución iregular» da investigación da mesma.

Conde-Pumpido adiantou este venres que no recurso que presentará ante o útimo auto da xuiza, que pide unha ampliación da investigación sobre o patrimonio de Besteiro, insistirá na competenza de Pilar de Lara e «a súa atribución irregular da causa».

O avogado sinalou que á xuiza «non lle vale nada», e indicou que «cando di que ao meu representado regalouselle un piso e él aporta a documentación que proba que non foi así, logo de equivocarse, a maxistrada pide saber de onde proceden os cartos para pagarlo, cando se demostra que foi cunha hipoteca e cantidades retiradas do banco, perfectamente acreditadas, pide seguir indagando máis sen saber qué é o que busca».

O letrado subliñou que o feito de que a xuiza non fixara data para a declaración de Besteiro «xera un grande perxuizo a alguén que pretende ser candidato á Presidencia do Goberno de Galicia».

Hai que lembrar que José Ramón Gómez Besteiro entregou no Xulgado e aos xornalistas a totalidade dos movimentos das súas contas e as da súa muller, nos últimos anos, copias das escrituras da hipoteca, dos ingresos bancarios, da licenza e escritura do piso, da propiedade do seu coche e da súa moto, dos mobimentos das tarxetas ou das nóminas dende que fora elixido concelleiro en Lugo.

Pola súa banda, o fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Fernando Suanzes, en relación con este tema, declarou que o mellor xeito de non levar nada e querer levalo todo e engadiu que a xuiza De Lara «tenta levar cousas sobre as que non ten competencia».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.