Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Chegan ao Cunqueiro dúas máquinas de resonancia, unha de última xeración e outra trasladada dende o Xeral

Resonancia1Segundo informa o Servizo Galego de Saúde (Sergas) o Hospital Álvaro Cunqueiro recibiu este xoves dúas máquinas para a realización de resonancias magnéticas de alto campo, unha delas, chegada de Holanda, de nova fabricación, que xunto coa segunda, trasladada dende o Xeral, se instalarán na área de diagnóstico por imaxe e que, dacordo coas previsións do Sergas, empezarán a funcionar o mes que ven.

Resonancia2Dacordo co Servizo Galego de Saúde, que subliña que o orzamento total deste equipamento supera os dous millóns, unha das máquinas é das máis avanzadas que existen na actualidade” e que en todo o Estado so hai tres destas características.

Camión-resonancias1Hai que lembrar que dende que empezou a funcionar,hai varias semanas, os doentes que acuden ao Cunqueiro están facendo as resonancias magnéticas nun camión aparcado no exterior do hospital.  

También te puede interesar