
Ante os problemas de tráfico e seguridade detectados no entorno do Hospital Álvaro Cunqueiro, o alcalde anunciou este xoves a decisión do goberno local de limitar a 40 km/h a velocidade entre as dúas rotondas do entorno mesmo, construir un quilómetro de novas beirarrúas na Avenida Clara Campoamor e habilitar novos pasos de peóns. «Estas tres medidas xa están decididas», apuntou este xoves o Abel Caballero, quen avanzou un estudo en detalle de novas propostas para a próxima semana.
A xuizo de Caballero, o novo hospital se abríu de forma «acelerada e precipitada» e en consecuencia «non está preparado, nin dentro nin no entorno». O alcalde ve «incapacidade» no Goberno de Galicia pare facerlle fronte e avanzou que «nós imos a actuar», con medidas de tráfico e seguridade no entorno do centro sanitario.
“¿Se dan vostedes conta?, ao final quen ten que estar resolvendo os problemas da inacción do Goberno galego é o Concello, en todo: en tráfico, en aparcamentos, en seguridade», concluiu.