Galicia

O secretario dos socialistas de Galicia demite do seu posto pola “perda de confianza por parte do secretario xeral do PSOE de Galicia”

SantínJuan Carlos Gónzalez Santín anunciou que renuncia ao seu cargo como secretario xeral do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, así como á acta de concelleiro no Concello de Lugo. Así o confirmou no transcurso dunha rolda de prensa, na que adiantou que xa lle trasladou a súa decisión á dirección nacional galega e á alcaldesa da cidade; unha decisión, dixo, “ que non é casual, senón que é meditada”.

O ex dirixente dos socialistas lucenses explicou que os motivos desta dobre decisión. Polo que refire á dimisión de concelleiro, sinalou que “hai uns estatutos do Partido que todos temos que cumprir, aínda que ata o de agora non se había esixido deste xeito, pois algunha persoa que leva tempo nesta situación, pero eu como xa dixen en varias ocasións entendo que os meus cargos están a disposición”.

Neste senso, González Santín optou por seguir como deputado autonómico, posto que é aquí onde ten dedicación completa. “Se me quedo como concelleiro, ao reincorporarme ao meu traballo polas mañs non podería asistir ao Concello, séndome imposible dar o servizo que se merecen os veciños de Lugo. Falei coa alcadesa e creo que é o mellor momento para facelo”. Deste xeito, recoñeceu que a súa intención era que a renuncia se fixese efectiva axiña, pero por razóns organizativas esta aprobarase no próximo pleno do día 29 de outubro. Ata esa data, engadiu, “atenderei os asuntos coa mesma honestidade, pensado no que sexa mellor para os lucenses”, ao tempo que agradeceu publicamente a colaboración dos funcionarios “que traballaron con gran responsabilidade”, así como “a confianza depositada en min por parte da rexedora e dos compañeiros de goberno”.

Juan Carlos González Santín será substituído por Rosana Rielo, unha persoa, subliñou, “con ampla experiencia política, e que estou seguro que desempeñará o labor de concelleira de forma excepcional, como xa o demostrou con anterioridade”.

Polo que respecta á dimisión como secretario Provincial, destacou que esta se debe a que dende o mes de xuño “sinto que non teño a confianza do secretario Xeral de Galicia”. “Entendo que somos un partido xerarquizado e o mellor é que neste momento tome a decisión de presentar a miña dimisión. Pero quero deixar patente que eu seguirei traballando polo Partido Socialista alí onde se me necesite”, indicou.

También te puede interesar