Vigo al día

Vigo, centro das protestas en contra dos tratados de libre comercio

ttip_no-11a76-221e2Vigo encabezará, o vindeiro sábado, 10 de outubro, as mobilizacións en contra dos tratados de libre comercio que se celebrarán en Galicia, no marco da Semana de Acción Global que terá lugar durante toda unha semana en centos de cidades de todo o mundo.

Baixo o lema ‘Comercio en beneficio do pobo, non das multinacionais’, a manifestación partirá da Praza da Independencia ás 8 da tarde, e pasará pola Praza de América ata o Parque de Castrelos, onde se rematará coa lectura dun manifesto.

Esta nova coincide coa que se fará en diferentes cidades de distintos países do mundo, nas que “a cidadanía sairá á rúa para mobilizarse en contra do TTIP, CETA, TISA e TPP, e en prol da igualdade, os dereitos sociais e laborais, a defensa ambiental e a democracia real”.

También te puede interesar