Deportes

O Infantil Feminino “A”, Seis do Nadal – Coia, á Primeira División Infantil Feminina

gIMG-20151003-WA0005O conxunto Infantil Feminino “A”, Seis do Nadal – Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, adestrado por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, conseguiu a pasada fin de semana a clasificación para disputar a Liga Primeira División Infantil Feminina durante a presente tempada 2015/2016.

O combinado do Seis do Nadal disputou a primeira fase da Fase Previa de Clasificación a Primeira División no Grupo “C” xunto aos equipos Pastelerías Yoli CLB (Vilagarcía de Arousa) e Costa Ártabra Concello de Neda (Ferrol), conseguindo un balance de dúas vitorias nos dous partidos que disputaron e a primeira posición do grupo.

Esta primeira posición clasificaba ao Infantil Feminino “A” do club para disputar as semifinais da Fase Previa fronte a Centro Veterinario Eume (Pontedeume), primeiro clasificado do Grupo “B”. O partido se disputou en Ourense, na pista do Colexio Salesianos, e rematou con vitoria para o Seis do Nadal – Coia (32-49), vitoria que aseguraba a clasificación para disputar a Liga 1ª División Infantil Feminina na presente tempada.

Xunto ao Seis do Nadal – Coia conseguiron o ascenso á Liga 1ª División Infantil Feminina o Bosco Salesianos (Ourense) e Peleteiro “A” (Santiago de Compostela), que completarán así os doce equipos da competición.

También te puede interesar