Vigo al minuto

Decretada a Alerta Laranxa por ventos de 100 quilómetros por hora nas Rías Baixas e o interior de Pontevedra

VientoA Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia do Goberno de Galicia ven de ampliar a alerta de temporal de nivel laranxa por vento ás provincias da Coruña e Pontevedra.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da súa delegación en Galicia, a alerta laranxa por vento vixente hoxe na provincia de Ourense amplíase ao noroeste, oeste, suroeste e interior da provincia da Coruña; e á zona das Rías Baixas, Miño e interior da provincia de Pontevedra, estimándose que poida acadar refachos de vento de ata 100 km/h.

Emerxencias alerta tamén dun temporal de nivel laranxa por costeiros no noroeste, oeste e suroeste da provincia da Coruña e na zona das Rías Baixas e Miño, na provincia de Pontevedra, por ventos do sur de forza 8.

Na provincia de Ourense continúa a alerta do temporal de nivel laranxa por vento na zona montañosa da provincia de Ourense, estimándose que poda acadar refachos de ata 100 km/h.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos das zonas afectadas; así como ás respectivas Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén lémbrase á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

También te puede interesar