Vigo al minuto

A Marea de Vigo pide a «dimisión inmediata» dos cargos citados a declarar como imputados na ‘Operación Patos’

Os tres concelleiros de A Marea no Concello de Vigo/Tresyuno Comunicación
Os tres concelleiros de A Marea no Concello de Vigo/Tresyuno Comunicación

A Marea de Vigo pediu este venres a “dimisión inmediata” de todos os cargos públicos que están citados a declarar como imputados na instrucción da coñecida como ‘Operación Patos’. Nunha nota de prensa enviada este mediodía, A Marea indica, “a falta de coñecer máis datos sobre as imputacións da Operación Patos, o Grupo Municipal da Marea de Vigo considera que ademáis das responsabilidades xudiciais que serán esclarecidas no proceso aberto, no que a Marea de Vigo presentará a solicitude de personación como acusación popular, hai responsabilidades políticas que deben de ser asumidas de forma inmediata”.

En base o “mesmo criterio que o grupo municipal seguiu no Pleno de investidura e nas peticións de apertura de comisións especiais de investigación”, A Marea de Vigo pide aos cargos públicos imputados no día de hoxe pola Xuíza de Instrución número 7, que presenten a súa renuncia aos cargos que ocupan na actualidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.