RGPD - Cookies
Galicia

A pensión media de Galicia é de 750,63 €, preto de 140 € máis baixa que a media do Estado

PensionistasA pensión media en Galicia situouse a comezo deste mes en 750,63 €, asegunda máis baixa do Estado, so por detrás da de Extremadura que está en 744,33 €- e a casi 139 € mensuais da media estatal- que está nos 889,58 €.

Dacordo cos datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a pensión media dos 465.991 xubilados galegos foi de 850,98 €; as 186.835 viuvas galegas cobran-sempre de media- 534,28 €; a pensión, media, por orfandade é de 365,23 €, e a de incapacidade permanente, á que teñen dereito 68.714 galegos, supera os 817 €.

En total, 751.500 galegos, cobra algunha pensión-289.839 na provincia da Coruña: 233.775 na de Pontevedra, 118.812 na de Lugo e 109.093 na de Ourense-. Polo que se refire á cuantía, en A Coruña é de 791,49 €, en Pontevedra 790,95, en Lugo 665 € e en Ourense, 648.82.

También te puede interesar